Saltar ao contido principal

Proxecto piloto 2019

*

O barrio é onde transcorre a vida cotiá e debería ser un lugar seguro e estimulante para todas as persoas que o habitan: o barrio somos nós e nós facemos o barrio.

Polo (do tallerdepolo) e Son (de Ocupacións Significativas) deseñamos e levamos á practica un  proxecto piloto no 2019  pensado para fortalecer a comunidade e o tecido de barrio: facilitando un rol diferente en adolescentes (de 10 a 19 anos), poñéndoas en relación co comercio local e empregando as artes como linguaxe de expresión, comunicación e desenvolvemento.

Nesta edición formouse un < Equipo Creador > de adolescentes    que investigaron na comunidade as necesidades creativas de 3 comercios locais  (TiendaMab - juegos y libros; Cafetería By Carmiña; e a Tenda-taller de bicis Bichocleta) e implicáronse na busca de solucións e propostas dende a súa mirada.

Embarcámonos nunha aventura onde o tempo foi un factor determinante no ritmo e “saboreo” da experiencia e sempre atendendo o coidado de todas as partes. Cremos que cando as actividades que se presentan son desafiantes e motivadoras, a gana de participar, organizarse e “buscar tempo” vén dada pola ilusión de facer. Situar a adolescencia en roles máis activos e confiar na súa capacidade creadora e xeradora de ideas é enriquecedor e supón unha aprendizaxe para a vida persoal e profesional de todas nós.

Outra dimensión importante do proxecto foi ofrecer formación e diversión no tempo de verán: enriquecendo as opcións de ocio para adolescentes que poidan sentir o verán como un tempo no que é difícil atopar unha ocupación significativa.

Foi un proxecto global e complexo... onde estivemos atentas ao trato, vínculos do grupo, comunicacións cas colaboradoras, ritmo e tempos de execución, busca de materiais, información, probas de materiais e técnicas, adaptación das actividades para garantir unha participación inclusiva. Levar adiante os procesos creativos en marcha, de maneira positiva, cos aportes de todas, sen certezas nos resultados... resultou unha excelente experiencia de aprendizaxe para nós as responsables do proceso. Todo un reto.

Nesta nova experiencia... destacamos o entusiasmo das mozas e mozos participantes e dos comercios colaboradores do barrio que conectaron inmediatamente coa idea e a nosa visión, descubrindo así as posibilidades que ofrecen estos procesos creativos. Culminamos o proxecto cunha xornada festiva onde celebramos co barrio, compartimos os logros e fixemos unha presentación comunitaria de devolución para explicar con detalle e coidado o desenvolvemento de Ponllearte!


Unha experiencia para repetir os anos seguintes





 









 

 
 





 


 


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ponllearte 2020

Nunha acción de toma de conciencia e necesidade de recuperación do tecido de barrio tras a crise en relación á recente pandemia vírica, ofreceremos un espazo de reflexión, sanación e, sobre todo, para dar visibilidade e importancia ao tecido de pequenas empresas e autónomas que enriquecen o día a día de toda a veciñanza.   Nun proxecto que comprende un proceso artístico-creativo (que se concretará nun fanzine) no que poñeremos en relación a un grupo de mozas e mozos coa vida cotiá do barrio; cos comerciantes e negocios locais e con especial interese nas persoas maiores e a súa visión tr as o confinamento obrigado pola crise sanitaria.  As artes como ferramenta de construción, de relación e posta en valor da vida en común, da solidariedade e das persoas que habitamos e compartimos un mesmo espazo aínda que teñamos diferentes intereses, idades ou diversidades varias.   Buscamos a túa participación e colaboración, hai varios xeitos nos que podes apo