Saltar ao contido principal

Quen Somos






 Son Polo,  e levo case trinta anos vivindo en Os Castros, desenvolvendo unha labor de artista e de educación artística no tallerdepolo; implicada na vida dos barrios e na cultura a través da arte (accións, intervencións, animacións) e ofrecendo obradoiros onde compartir esta posibilidade de medrar a toda persoa que se achegue. 
Dende o taller miramos o barrio e os cambios na nosa sociedade, e a necesidade -cada vez maior- de educar persoas creativas, que imaxinen novas respostas neste mundo cambiante.




 Chámome Son,  e dende nena impliqueime nas artes como fonte de benestar e búsqueda de significado. Coñecín a Polo fai uns anos e as nosas sensibilidades -persoais e profesionais- leváronnos a crear xuntas este proxecto de Ponllearte!
Son veciña do Agra do Orzán e dende o 2012 a miña experiencia como Terapeuta Ocupacional vai da man da cooperación local, procesos de participación inclusiva e actuacións sobre os determinantes sociais da saúde. Dende Ocupacións Significativas traballo para que as persoas, en toda a súa diversidade, poidan participar naquelas ocupacións que teñan sentido para elas e promovan o seu benestar físico, mental e social.   


Son Carlota Méndez, estudei fotografía na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, onde actualmente curso estudos de Escultura Aplicada ao Espectáculo. Son unha persoa creativa e coñezo moi ben o barrio de Os Castros xa que o teño documentado en fotografías e debuxos, a través de actividades realizadas co tallerdepolo. Quero aportar ao Ponllearte! dende o meu coñecemento da fotografía, carlotamendezfotografia, e de xestion nas redes sociais asi como aportar unha visión dende os intereses propios da miña mocidade/idade.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ponllearte 2020

Nunha acción de toma de conciencia e necesidade de recuperación do tecido de barrio tras a crise en relación á recente pandemia vírica, ofreceremos un espazo de reflexión, sanación e, sobre todo, para dar visibilidade e importancia ao tecido de pequenas empresas e autónomas que enriquecen o día a día de toda a veciñanza.   Nun proxecto que comprende un proceso artístico-creativo (que se concretará nun fanzine) no que poñeremos en relación a un grupo de mozas e mozos coa vida cotiá do barrio; cos comerciantes e negocios locais e con especial interese nas persoas maiores e a súa visión tr as o confinamento obrigado pola crise sanitaria.  As artes como ferramenta de construción, de relación e posta en valor da vida en común, da solidariedade e das persoas que habitamos e compartimos un mesmo espazo aínda que teñamos diferentes intereses, idades ou diversidades varias.   Buscamos a túa participación e colaboración, hai varios xeitos nos que podes apo