Nunha
acción de toma de conciencia e necesidade de recuperación do tecido
de barrio tras a crise en relación á recente pandemia vírica,
ofreceremos un espazo de reflexión, sanación e, sobre todo, para
dar visibilidade e importancia ao tecido de pequenas empresas e
autónomas que enriquecen o día a día de toda a veciñanza.
Nun proxecto que comprende un proceso artístico-creativo (que
se concretará nun fanzine) no que poñeremos en relación a un grupo de
mozas e mozos coa vida cotiá do barrio; cos comerciantes e negocios
locais e con especial interese nas persoas maiores e a súa visión
tras o confinamento obrigado
pola crise sanitaria.
As
artes como ferramenta de construción, de relación e posta en valor
da vida en común, da solidariedade e das persoas que habitamos e compartimos un mesmo espazo aínda que teñamos diferentes intereses, idades ou diversidades varias.
Buscamos a túa participación e colaboración, hai varios xeitos nos que podes aportar e formar parte desta marabillosa aventura.
O futuro comeza xa, o futuro esta no barrio.
Ocupacións Significativas e tallerdepolo.
https://www.facebook.com/ocupacions.significativas/
http://www.tallerdepolo.com/
http://www.tallerdepolo.com/
O proxecto Ponllearte nace no 2019 da colaboración entre Polo (tallerdepolo) e Son (Ocupacións Significativas) como unha proposta sensible ás realidades cotiás no barrio de Os Castros.
O seu principal obxectivo é implicar á comunidade en procesos creativos, reflexivos e transformadores a nivel local .
Velaquí as ideas que nos moven:
* o barrio como unha estrutura viva e en muda constante a través das súas relacións e da participación cotiá.
* as artes como ocupacións significativas e promotoras de benestar físico, mental, social e ambiental.
* a creación colectiva como estratexia de mellora e cambio dende o individual ó comunitario.
* o principio de inclusión real e efectiva acollendo a pluralidade e diversidades humanas como camiño para sociedades máis xustas.
Comentarios
Publicar un comentario