Saltar ao contido principal

Mocidade! Equipo Creador

Creador@s! Vós sodes parte fundamental deste proxecto ;)

Este verán repetimos, con mais forza e ilusión debido ao especial escenario de crise que estamos a vivir. Ponllearte! 2020, ofrécenos a posibilidade de conectar diferentes axentes (idades, profesións, intereses) da cidade, mobilizar á veciñanza dunha maneira creativa, ofrecer roles distintos á mocidade, mostrar en positivo os produtos e servizos locais dunha maneira orixinal. Así como, chamar a atención no resto da cidade sobre o barrio de Os Castros. Un equipo creador de moz@s elabora un fanzine (revista autoeditada), compartindo con maiores que nos falen sobre as súas vivencias na corentena e como ven o futuro e traballan tamén en complicidade cos negocios locais recibindo aportes para as súas ilustracións e debuxos, dando vida entre tod@s a unha creación orixinal que nos fale do barrio e dos seus retos para o futuro.

Tratase dun proceso de creación en grupo e a elaboración dun fanzine sobre o barrio. Os obradoiros están pensados para mocidade a partir de 10 anos, dende o 27 de Xullo ata o 14 de agosto, traballando en grupos reducidos. Compartir en grupo un proceso creativo reflexivo, no que individualmente nos comprometemos a aportar unha ilustración ou creación ao noso #zine que nos falará sobre o barrio e o seu futuro. Este fanzine será a suma da nosa creatividade máis os aportes que os seus habitantes nos trasladen en visitas e diferentes sorpresas cada semana. Probamos diferentes técnicas, debuxamos, escribimos, e dialogamos reflexionando sobre os nosos descubrimentos. Facendo que a nosa creatividade aporte ao desenvolvemento do barrio. 

 

 








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ponllearte 2020

Nunha acción de toma de conciencia e necesidade de recuperación do tecido de barrio tras a crise en relación á recente pandemia vírica, ofreceremos un espazo de reflexión, sanación e, sobre todo, para dar visibilidade e importancia ao tecido de pequenas empresas e autónomas que enriquecen o día a día de toda a veciñanza.   Nun proxecto que comprende un proceso artístico-creativo (que se concretará nun fanzine) no que poñeremos en relación a un grupo de mozas e mozos coa vida cotiá do barrio; cos comerciantes e negocios locais e con especial interese nas persoas maiores e a súa visión tr as o confinamento obrigado pola crise sanitaria.  As artes como ferramenta de construción, de relación e posta en valor da vida en común, da solidariedade e das persoas que habitamos e compartimos un mesmo espazo aínda que teñamos diferentes intereses, idades ou diversidades varias.   Buscamos a túa participación e colaboración, hai varios xeitos nos que podes apo