1. CREANDO EN EQUIPO a partir de 10 anos e queres participar e levar adiante un proceso creativo e reflexivo sobre ti, sobre o lugar que habitas e as formas de relación actuais ou por vir. Traballando en equipo e no individual dando vida entre tod@s a unha creación orixinal que nos fale do barrio e dos seus retos para o futuro. Tes toda a información mais abaixo, aproveita esta oportunidade. Hai bolsas promovidas dende o comercio local, consúltanos.
2. COMPARTINDO A TÚA HISTORIA se tes máis de 60 anos e queres contarnos a túa experiencia durante o confinamento, experiencia de vida no barrio, como ves o futuro ou tes consellos que compartir este é o teu lugar! Faremos un obradoiro ao aire libre no que teceremos xunt@s con https://www.lamujerarana.com/
-*Proceso de creación en grupo e elaboración dun fanzine (revista auto-editada) sobre o barrio deseñando e creando cada participante unha ilustración ou creación gráfica/literaria.
-mocidade a partir de 10 anos
-Inicio LUNS 27 DE XULLO finaliza aproximadamente o 14 AGOSTO
30 horas de taller, 9 horas semanais durante tres semanas mais horas soltas a cuarta semana.
De 11,00 a 14,00 horas
material incluído
PREZO:
60 EUROS/ PARTICIPANTE / material
incluído
Formaremos dous equipos en grupos reducidos e adicaremos unha xornada semanal a coñecer e investigar no exterior, no barrio.
EQUIPO 1 – LUNS , MÉRCORES E XOVES DE 11,00 a 14,00 horas
EQUIPO 2 – MARTES, MÉRCORES E VENRES DE 11,00 a 14,00 horas*
*
calendario aproximado, podemos adaptarnos as túas variables, consúltanos en ponllearte@gmail.com
--EQUIPO 1- DÍAS 27, 29 e 30 de xullo + 3,5,6,10,12 e 13 AGOSTO
--EQUIPO 2- DÍAS 28, 29 e 31 de xullo + 4,5,7,11, 12 e 14 AGOSTO
Tamén desfrutaremos da presentación do fanzine e do proxecto nunha celebración con tódolas persoas implicadas un día por concretar aínda a finais de agosto ou principios de setembro. E unha oportunidade para quen queira expresarse en publico e poñer en valor o traballo feito.
O obradoiro consistirá en compartir en grupo un proceso creativo reflexivo, no que individualmente nos comprometemos a aportar unha ilustración ou creación a un fanzine que nos falará sobre o barrio e o seu futuro. Este fanzine será a suma da nosa creatividade máis os aportes que os seus habitantes nos trasladen en visitas e diferentes sorpresas cada semana. Estes equipos de creación estarán acompañados por Polo (artista e mestra, tallerdepolo taller de arte) Son (Terapeuta Ocupacional e creativa, @Ocupacións significativas) e Carlota (fotógrafa e creativa, @CarlotaMéndezfotografía). Probaremos diferentes técnicas, debuxaremos, escribiremos, e dialogaremos reflexionando sobre o que vaiamos descubrindo. Faremos que a nosa creatividade aporte ao desenvolvemento do barrio, autoeditaremos un fanzine e participaremos (na medida que nos queiramos implicar) nos diferentes niveles do proxecto.
Obxectivos cara á mocidade participante:
-dar estímulo, autonomía e formación as participantes
-descubrir e dar forma á nosa creatividade
-investigar e pensar a través das artes e a creación
-vincularse ao barrio e o comercio local a través dunha mirada creativa
-relacionarse de maneira positiva co grupo e coa contorna
-acoller a diversidade tanto no equipo creador como na contorna
-coñecer e reflexionar sobre un/unha mesmo e a sociedade
Comentarios
Publicar un comentario