Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

Ponllearte 2020

Nunha acción de toma de conciencia e necesidade de recuperación do tecido de barrio tras a crise en relación á recente pandemia vírica, ofreceremos un espazo de reflexión, sanación e, sobre todo, para dar visibilidade e importancia ao tecido de pequenas empresas e autónomas que enriquecen o día a día de toda a veciñanza. Nun proxecto que comprende un proceso artístico-creativo (que se concretará nun fanzine) no que poñeremos en relación a un grupo de mozas e mozos coa vida cotiá do barrio; cos comerciantes e negocios locais e con especial interese nas persoas maiores e a súa visión tras o confinamento obrigado pola crise sanitaria. 
As artes como ferramenta de construción, de relación e posta en valor da vida en común, da solidariedade e das persoas que habitamos e compartimos un mesmo espazo aínda que teñamos diferentes intereses, idades ou diversidades varias.   Buscamos a túa participación e colaboración, hai varios xeitos nos que podes aportar e formar parte desta marabillosa aventu…